Saltar ao contido

Santiago Sierra

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaSantiago Sierra
Biografía
Nacemento1966 Editar o valor en Wikidata (57/58 anos)
Madrid, España Editar o valor en Wikidata
ResidenciaMadrid (2006–)
Cidade de México (1995–2006) Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade Complutense de Madrid
Escola Superior de Belas Artes de Hamburgo Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónfotógrafo, videoartista, artista de performance, escultor, artista de instalacións, artista conceptual Editar o valor en Wikidata
RepresentanteLisson Gallery (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Obra
Obras destacables

Descrito pola fonteUbuWeb Editar o valor en Wikidata
Páxina websantiago-sierra.com Editar o valor en Wikidata
BNE: XX1650132 Discogs: 2275064 Editar o valor en Wikidata

Santiago Sierra, nado en Madrid en 1966 é un artista plástico español. Licenciado en Belas Artes pola Universidade Complutense de Madrid, desde 1995 reside en México, onde ampliou a súa formación na Escola de San Carlos da Universidade Autónoma de México. Foi galardoado co Premio Nacional de Artes Plásticas de España en 2010, mais rexeitou o premio.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Expuxo en museos, centros de arte e galerías de todo o mundo, como no Museo Kiasma de Arte Contemporánea ARS 01 (Helsinqui), no Kunstwerke (Berlín), na Kunsthaus Bregenz (Austria) ou no PS1 do MOMA (Nova York). A arte de Sierra, cargada de reivindicacións sociais e políticas desde os seus comezos, tenta evidenciar o absurdo das relacións de poder establecidas e destacar os problemas que carrexa para a poboación a economía capitalista. A produción de Sierra baséase, non nunha soa técnica, senón que xoga cun amplo espectro delas: fotografía, vídeo, música, ou elementos cotiáns cos que forma impresionantes instalacións que logo convidan a unha profunda reflexión sobre o mundo que nos rodea.

Sobre a súa obra, Pablo España sinalou que "presenta os mecanismos de dominación de forma moi crúa, pero hai outras cousas a ter en conta como a frustración e a decepción da promesa do pracer estético". A súa obra sinala unha crítica social, sen efectos paliativos. Controvertido, destacan a súa montaxe dunha sinagoga convertida en cámara de gas (245 metros cúbicos, Alemaña, 2006), ou Liña de 250 cm tatuada sobre 6 persoas remuneradas (Cuba, 1999, sobre excluídos sociais).[1]

Polémica sobre o Premio Nacional de Artes Plásticas de España

[editar | editar a fonte]

En 2010 foi galardoado co Premio Nacional de Artes Plásticas de España que concede o Ministerio de Cultura "pola súa obra crítica, que reflexiona sobre a explotación e a exclusión das persoas, e xera un debate sobre as estruturas de poder, tal e como se manifesta nos seus diversos proxectos desenvolvidos ó longo de dúas décadas". Sierra rexeitou ó día seguinte o premio nunha carta á ministra de Cultura aducindo que "os premios se conceden a quen realizou un servizo, por exemplo a un empregado do mes" e que o "premio instrumentaliza en beneficio do estado o prestixio do premiado", terminando con "o Estado non somos todos: O Estado son vostedes e os seus amigos. Por tanto, non me conten entre eles, pois eu son un artista serio. Saúde e Liberdade!" [2] Na carta detalla ademais as súas principais críticas ó Estado, "Un estado que participa en guerras dementes aliñado cun imperio criminal. Un estado que doa alegremente o diñeiro común á banca. Un estado empeñado no desmonte do estado de benestar en beneficio dunha minoría internacional e local" [2] A directora xeral de Belas Artes, Anxos Albert, sinalou que lle sorprendía o rexeitamento, dado que cando se lle comunicou mostrouse "contento e agradecido", e traballou co Estado noutras ocasións como en 2003, na Bienal de Venecia cando llo pediu o goberno de José María Aznar.[3][4] Amigos do artista contestaron dicindo que o seu traballo do 2003 foi un simple encargo laboral, non un premio.[2]

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]